martes, 24 de mayo de 2011

CARTA ABERTA

O TRES DE MAIO, ESTIVO CON NÓS "CHISCO", ESCRITOR OURENSÁN.

Chisco é un escritor galego nacido en Ourense.Decidiu trasladar a súa residencia á Coruña porque o clima de  Ourense parecíalle moi extremo.
Chisco é un home culto,agradable e moi
simpático.Gustoume moito que fixera unha copla para nós,os nenos de 5º,iso demostroume que lle facía moita ilusión vir a visitarnos.SANDRA.

Eu quero dicir que me pareceu especial que nos viñera visitar e aínda por encima que nos fixera unha copla que era moi graciosa e estaba moi ben pensada, a verdade.
Chisco foi moi amable connosco e quérolle agradecer todo o que fixo.MARIO.

Pareceume un escritor moi divertido e de moi bo corazón pola homenaxe que lle fixo a súa tía nun dos seus libros. Tamén aprendín moitas cousas del: unha delas é que se pode mezclar a música cos poemas según como o queiras expresar; outra, foi que a poesía é o máis profundo do teu corazón e que é moi divertido.
Espero que nos veña a visitar outra vez.Estaremos esperándote.MIGUEL.
                         
A min Francisco X. Fernández Naval impresionoume
pola súa captación de atención da xente cando fala, de xeito que empezas a escoitalo e non podes pasar ata que acabe.
Tamén me gustou a súa afición pola Literatura e a forma de cantar as coplas, xa que as compuxo moi ben.
 Gustoume moito que quixese tanto a súa tía que era, por así dicilo, a memoria da súa familia.Tanto que cando morreu lee dedicou un libro de poesía.amén polo moito que apreciaba ao río Miño, ao que lle dedicou outro libro.
Outra cousa que el di, e que é certo, e a maneira de cantar poesía, pódese facer  falando normal, lento, rápido, cantando, etc.
Sorprendeume que viñera dende a Coruña para aprender de nós.
Así cheguei á conclusión de que é unha persoa moi interesante, e que nós tamén temos moito que aprender del.XACOBE.

  O que máis me gustou é que empezou a escribir libros e poesía moi xoven e que fixo un libro dun espía(Suso Espada) que tiña o nome do seu xefe.PAULA.
           

Gustaríame que volveras outro día ao noso colexio e que nos explicaras máis cousas da túa vida, se podes.KATHERINE.                                              
..........................................
Terminando coas estrofas
eu quero homenaxear
ao escritor don "Chisco"
que nos veu a visitar.
MIGUEL


No hay comentarios:

Publicar un comentario