jueves, 27 de octubre de 2011

ESTIMADAS SEÑORAS PANTASMAS

Carballiño,  27 de outubro de 2011
Queridas pantasmas de Bort:
Por favor,non veñades á Terra, non é que me pareza mal, pero aquí hai moitos nenos e nenas que non volverían a sair das súas casas se son asustados por algunha pantasma ¿Non vos daría pena?.Non volverían  xogar nin  ir ao colexio.Sería o fin do mundo.
Espero que o entendades. Miguel.

O Carballiño, 27 de outubro de 2011
ESTIMADAS SEÑORAS PANTASMAS:
En primeiro lugar e polo máis importante, coméntolles o inacertada que foi a súa decisión. Por varias causas, pero a máis importante é que aquí xa non existe moito medo as pantasmas.
En segundo lugar, como iso das pantasmas non está moito de moda, a xente non se vai asustar dúas veces na súa vida.
En terceiro lugar, a policía podería metelas no cárcere por asustar ilegalmente.
En cuarto lugar, aquí torres e castelos moitos non hai. Os que hai adoitan ser museos ou cousas así e vivir neles sería un delito de expropiación.
En quinto e último lugar, creo que ao atravesar a atmosfera quedarán un pouco abrasadiñas...
Así pois, fagan o que queiran, eu ben as avisei, despois non volvan a mesma coas súas queixas e os seus laios.
Xacobe González.
PD: Non vaian aterrar en Libia ou en Xapón, que alí as cousas non van moi ben...


Carballiño,27 de outubro de 2011
Queridas señoras pantasmas:
Paréceme moi ben que veñan ao planeta Terra, pero avísolles con antelación á súa chegada de que non terán moita xente para asustar posto que so lles teñen medo aos nenos e nenas de entre 2 e 5.
No meu pobo que é o Carballiño non encontrarán un lugar axeitado para que podan vivir porque non hai castelos, nin torres abandonadas.
Eu sei que vos saídes a asustar xente as 12 da noite , pero os nenos e nenas de entre 2 e 5 anos a esa hora están durmindo nas súas camas cando ao día seguinte teñen que ir a escola.
Espero que teñan unha boa viaxe.
Asinado:CARMELA