O Outono comeza o 23 de setembro e finaliza o 21 de decembro coa chegada do inverno.
No outono caen as follas das árbores, faise a vendima e celébrase o Samaín, unha tradición celta que se celebra o 31 de outubro, e que nesa noite os mortos van as casas dos seus familiares ,por iso, na porta de cada casa ponse unha cabaza oca cunha vela dentro para guialos ata alí.
Outra festa moi importante do outono é o Magosto que se celebra o 11 de novembro,día de S. Martiño, festa na que se xuntan grupos de amigos arredor do lume para comer castañas e beber viño novo.
A vendima muy importante na nosa zona por estar cerca do Ribeiro, é un traballo agrícola típico desta estación, consiste en recoller as uvas para facer o viño.
Na nosa aula fixemos un debuxo dunhas árbores sen follas e fixemos froitos do outono.
Os froitos do outono mais importantes son: as castañas, as uvas, as granadas, os marmelos, as noces, as avelás etc…
Os cogumelos tamen son un froito básico do outono e deles temos moitas variedades.
Sandra
Visión particular
dunha imaxe do outono
Mario
dunha imaxe do outono
Mario
No hay comentarios:
Publicar un comentario